Venres, 3 de Xullo
Últimas novas do campionato
INTENSA, IGUALADA E DIVERTIDA XORNADA FINAL
16:00 - 08/01/08

O Campionato de España de balonmán pechou as suas portas coa disputa das finais e a ceremonia de clausura, na que os gañadores recibiron os seus premios e todas as seleccións participantes un homenaxe polo esforzo e o bo traballo realizado ó longo destes días. Pero antes xogáronse unhas bonitas finais cheas de bo balonmán.

A loita final en infantil feminino deparou un interesante enfrontamento entre Andalucía e Valencia, que o final leváronse as levantinas (17-20), pero tras esforzarse, sobre todo na segunda metade. Mentras, no choque polo bronce Canarias superou con bastante sinxeleza a Galicia (17-32), que non se sentía cómoda sobre a pista.

Mais igualdade houbo na final de infantil masculino, na que venceu Andalucía tras superar pola mínima a Galicia (31-30). O encontro estivo moi igualado, con duas seleccións alternándose no electrónico, pero con un maior acerto dos andaluces nos momentos claves. Mentras, a Comunidade de Madrid fíxose co bronce tras superar (31-25) a Comunidade Valenciana.

Outro partido que se resolveu pola mínia e nos últimos segundos, foi a final de cadete feminino, na que tan so un gol lle deu a victoria a Castelá e León sobre Galicia (28-27). O encontro estivo cheo dunha grande intensidade, con moitos cambios no electrónico, cos equipos dando o máximo para levarse os puntos e con moitos nervios nos últimos segundos, cando as leonesas acadaron o triunfo. Por outra banda, no partido polo tercer posto a victoria foi para a Comunidade de Madrid, que superou a Comunidade Valenciana (26-22).

O último partido do Campionato de España de balonmán foi a final de cadete masculino na que medían as suas forzas Galicia e Cataluña, e na que os catalán arroiaron (29-46) a unha selección galega sen forzas e aletargada. Nesta categoría o bronce levouno Andalucía, que venceu pola mínia e tras moito esforzo a Madrid (22-23).

Entrega dos metais

O remate da disputa das finais tivo lugar a cerimonia de clausura, na que se entregaron os metais e os premios as seleccións autonómicas vencedoras en cada categoría. Ademais, tamén foi o momento de recompensar ós equipos que quedaron primeros no Trofeo o Xogo Limpo, que organiza o Consello Superior de Deportes, dentro da sua promoción do deporte base, e co que quere premiar a aqueles equipos que tiveron un bo comportamento tanto dentro como fora da pista. Os agraciados foron I. Balears en infantil feminino, Murcia en masculino, Cataluña en cadete feminino e Canarias en masculino.

As persoas encargadas de entregar os premios foron: Antonio Montalvo, Subdirector de promoción deportiva e deporte paralimpico del CSD; Marta Souto, directora xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; María Xesús López, delegada provincial da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia; Santiago Domínguez, tenente de alcalde del Concello de Vigo; Xabier Alonso, concellal de deportes do Concello de Vigo; Jesús López Ricondo, presidente da Federación Española de balonmán; Xosé Luis Pérez Ouro, presidente da Federación Galega de balonmán; Arsenio Prieto, xerente del IFEVI; Marta Troncoso, responsable de relaciones externas de Coca-Cola; Iván Infestas e José Ángel Fernández, xogadores do Pilotes Posada; e Javi Carrera e Iago Muiña, xogadores do Teucro.

 

UNHAS SEMIFINAIS DE VÉRTIGO DAN PASOS AS FINAIS
18:30 - 07/01/08

O Campionato de España de balonmán entra nos seus últimos momentos de competición coa disputa das finais, das que xa se coñecen os protagonistas principais. Pero antes foi necesario moito esforzo, garra e intensidade para acadar o triunfo nas semifinais, que salvo nalgún caso, estiveron moi igualadas.

Así, en infantil masculino Andalucía tivo que esforzarse se quixo superar a Madrid, que plantou cara en todo momento o seu rival e que inclusive conseguiu forzar a prórroga, pero o final os andaluces superon manter a cabeza mais fría e fixéronse con un triunfo (30-27) que os deixaba como primeiros finalistas da sua categoría. Agora, Andalucía tera que verse na final con Galicia, que a pesar de algún pequeno altibaixo, encarrilou ben a eliminatoria para conseguir sumar os puntos ante Valencia (25-28), que a medida que pasaban os minutos observaba como se lle escapaba o partido.

Os encontros de semifinais de cadete feminino estiveron cheos de bos momentos, coas catro seleccións implicadas esforzándose o máximo para levarse o triunfo, pero o final so Castela e León e Galicia acadaron tan ansiado desexo. Pero antes, as leonesas tiveron que superar a unha aguerrida Madrid (28-21), que non estaba disposta a deixar escapar o triunfo. Tamén se esforzaron as galegas para vencer a Valencia (27-36), sobre todo na primeira metade, cando a igualdade era máxima (17-17), sen embargo todo cambiou no segundo tempo, momento no que Galicia, grazas o acerto da sua porteria, tomou as rendas do choque.

A igualdade tamén estivo presente nos partidos de cadete masculino, onde Galicia e Cataluña acadaron o pase a final despois de desplegar o seu mellor xogo en semifinais. Así, os galegos traballaron para gañar a Madrid (24-29), que en ningún momento baixou os brazos. Mais fácil lles foi sumar os puntos os cataláns, que xa nos primeiros minutos tiñan controlada a situación ante unha Andalucía que se deixou levar, sobre todo na segunda metade  (44-26).

 

"O IMPORTANE AQUÍ É QUE OS XOGADORES APRENDAN A CONVIVIR"
14:00 - 07/01/08

Talant Dujshebaev, considerado o segundo mellor xogador do século e actual adestrador do Cidade Real, estivo estes días en Vigo para observar os avances do seu fillo, Álex, que xoga coa selección de Castela a Mancha.

OS CUARTOS DE FINAL NON DEFRAUDARON
21:30 - 06/01/08

Os cuartos de final chegaron o Campionato de España de balonmán ao grande, xa que deixaron  partidos dunha gande intensidade, moi igualados e onde, en moitas ocasións, foi necesario acudir a prórroga ou incluso os lanzamentos dende os sete metros para coñecer o nome da selección que acadaban o pase a semifinais.

 

Clasificación Final

Outras Novas

14:00-06 Ene

O actual adestrador do Logroño, e durante dez anos segundo de Juan Carlos Pastor en Valladolid, está estos días en Vigo presenciando varios encontros do Campionato de España, algo que xa leva facendo toda unha década.

21:30-05 Ene

Que día mais vibrante o que se viviu onte en Cotogrande, con moitos partidos, con bo xogo, con festa nas bancadas, pero tamén con moito sufrimento e penas, a das seleccións que se quedaron as portas de acadar o pase a cuartos de final. Foi unha xorn

14:00-05 Ene

 Xesco Espar,  que foi adestrador do Barcelona, aproveitou a sua estancia en Vigo,  onde participou nas "Xornadas de balonmán internacional", para ver partidos e comprobar o nivel dos xogadores que compiten no Campionato de Espa

21:00-04 Ene

A segunda xornada do Campionato de España de balonmán estivo marcada polo nerviosismo, as ledicias e as penas que se viviron nos Grupos Preferentes das diferentes categorías, e é que se coñeceron os nomes das diferentes seleccións que acadaron o pri

16:00-04 Ene

Os partidos de cuartos de final do Campionato de España de balonmán sufriron modificacións nos seus horarios para facilitar a presenza dos siarerios que queiran acudir a eles. E é que debido a grande afluencia de público, que estes días está enchend

14:00-04 Ene

 A delegación de Murcia chegou a este Campionato de España con sorpresa incluida, xa que nas suas diferentes seleccións xogan os catro irmás Carrión Salinas. O maior, Carlos, faino en cadete masculino, mentras os trillizos fano en infantil, Patricia

[1]  [2]  [3]  [4]